Legal

TITULARIDADE

O dominio web www.petiteblasa.com e o seu contido pertencen a Tania Alján Porto (en diante Petite Blasa), co correo electrónico de contacto hola@petiteblasa.com

Todos os produtos comercializados na tenda en liña son propiedade exclusiva de Petite Blasa, polo que en ningún caso estes dereitos serán transmitidos ou cedidos sen o seu consentimento previo.


AVISO LEGAL

Pola miña banda, cumprindo o RGPD e a LSSI-CE, Petite Blasa asume o compromiso de procesar a información dos usuarios deste sitio web con plenas garantías.

En canto a ti, co teu mero acceso a este sitio web, aceptas someterte ás condicións xerais de uso. Comprométeste a facer uso deste sitio, dos seus servizos e dos seus contidos sen violar a lexislación vixente, a boa fe e a orde pública, quedando prohibida a reprodución, distribución ou modificación do seu contido sen a previa autorización de Petite Blasa.


POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Este sitio web usa cookies propias e de terceiros para garantir que teñas unha mellor experiencia de navegación.

Ademais, utiliza outros datos sobre ti para xestionar as compras que realizas (no caso de que sexas cliente) e enviarche comunicacións (no caso de que te subscribiras ao boletín). Estes datos poden incluír o teu nome, o teu correo electrónico, o teu enderezo postal, datos transaccionais e datos técnicos. Algúns destes datos compártense con terceiros (Correos ou PayPal, por exemplo) só cando sexa necesario para completar o proceso de compra.


CONDICIÓNS DE VENDA

Os prezos dos produtos son os vixentes no momento de realizar a compra, unha vez que aceptas o carro e procedes ao pago. Indícanse en euros, con impostos incluídos e sen gastos de transporte.

Deberás pagar o pedido para que Petite Blasa se poña en marcha coa súa preparación e envío. Os pagos fanse mediante PayPal; non precisas ter unha conta, podes pagar coa túa tarxeta.

Petite Blasa enviará o teu pedido a través de Correos, como carta certificada. Despois de envialo, proporcionarache un código localizador para que poidas seguir o seu estado. Os tempos de entrega varían segundo diferentes factores, pero pódense establecer as seguintes estimacións: 1-3 días hábiles dentro de España, 2-4 días hábiles a Europa, 4-10 días hábiles ao resto do mundo.

Se algún dos produtos que adquiriche non é o que esperabas, tes un prazo máximo de 14 días naturais dende o momento en que recibes o pedido para solicitar unha devolución escribindo un correo electrónico a hola@petiteblasa.com manifestando a túa decisión e indicando o motivo da mesma. Petite Blasa proporcionarache un enderezo postal ao que debes enviar o produto no seu embalaxe orixinal mediante un método de envío certificado, cuxo importe deberás pagar ti. Cando Petite Blasa reciba o produto e comprobe que se atopa en perfecto estado, devolverache o importe completo do produto en cuestión. Cando se trate dun produto personalizado feito baixo demanda seguindo as túas propias especificacións, Petite Blasa non aceptará devolucións a menos que o produto presente defectos de fábrica.

Petite Blasa resérvase o dereito a modificar as condicións de venda sen previo aviso. Se realizas un pedido neste sitio web, entenderase que aceptas as condicións vixentes no momento da compra.