Descripción
Bennie é un pasador para o cabelo de formas redondeadas. Está feito de tea azul verdella con lunares brancos.
Todas as pezas deste pasador están cosidas; ningunha peza está pegada. A base metálica agarra ben o cabelo, sendo posible axustalo a dous niveis, o que o fai perfecto tanto para recoller moito cabelo como para recoller só unha parte.
Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho do lazo: 12 cm (4.7 polgadas)
– Alto do lazo: 5 cm (2 polgadas)
– Base metálica: 8 cm (3.15 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.