Descripción
Camilo é un moedeiro lindísimo que che fará compañía alá onde vaias. Poderás utilizado como carteira, para gardar produtos de hixiene íntima ou calquera outra cousa que queiras. Ten orelliñas de gato e a cara bordada na parte frontal.
O exterior é de liño beis e o forro é de flores azuis, rosas, amarelas e verdes. Entre ámbalas teas leva unha capa de guata que lle da unha consistencia esponxosiña. Pecha cunha cremalleira de cor vainilla. A cara está bordada con fío de cor azul celeste.
Todas as pezas deste moedeiro están cosidas; ningunha peza está pegada.
Para que o teu moedeiro dure en bo estado moito tempo, lávalo a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro colocando un pano sobre o moedeiro.
Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non mostrar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho: 12 cm (4.7 polgadas)
– Alto (sen as orellas): 10 cm (4 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.