CAMILO – Moedeiro gato beis con forro de lunares

12,00

Moedeiro gato con cremalleira.

1 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , , ,

Descripción

Camilo é un moedeiro lindísimo que che fará compañía alá onde vaias. Poderás utilizado como carteira, para gardar produtos de hixiene íntima ou calquera outra cousa que queiras. Ten orelliñas de gato.

O exterior é de liño beis e o forro é rosa con lunares brancos. Entre ámbalas teas leva unha capa de guata que lle da unha consistencia esponxosiña. Pecha cunha cremalleira de cor rosa. Este modelo en concreto non leva cariña bordada.

Todas as pezas deste moedeiro están cosidas; ningunha peza está pegada.

Para que o teu moedeiro dure en bo estado moito tempo, lávalo a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro colocando un pano sobre o moedeiro.

Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non mostrar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho: 12’5 cm (4.9 polgadas)
– Alto (sen as orellas): 10 cm (4 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “CAMILO – Moedeiro gato beis con forro de lunares”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos