CAMILO – Moedeiro gato gris con forro de flores

16,00

Moedeiro gato con cremalleira.

1 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , , ,

Descripción

Camilo é un moedeiro lindísimo que che fará compañía alá onde vaias. Poderás utilizado como carteira, para gardar produtos de hixiene íntima ou calquera outra cousa que queiras. Ten orelliñas de gato e a cara bordada na parte frontal.

O exterior é de liño gris e o forro é verde con estampado floreado. Entre ámbalas teas leva unha capa de guata que lle da unha consistencia esponxosiña. Pecha cunha cremalleira de cor verde, en combinación coa cara bordada.

Todas as pezas deste moedeiro están cosidas; ningunha peza está pegada. Leva unha etiqueta de Petite Blasa no interior, para que sepas que é auténtico.

Para que o teu moedeiro dure en bo estado moito tempo, lávalo a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro colocando un pano sobre o moedeiro.

Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non mostrar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho: 15 cm (5.9 polgadas)
– Alto (sen as ourellas): 12 cm (4.7 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “CAMILO – Moedeiro gato gris con forro de flores”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos