Descripción
Camilo é un moedeiro lindísimo que che fará compañía alá onde vaias. Poderás utilizado como carteira, para gardar produtos de hixiene íntima ou calquera outra cousa que queiras. Ten orelliñas de gato e a cara bordada na parte frontal.
O exterior é de liño gris e o forro é de raias brancas e framboesa. Entre ámbalas teas leva unha capa de guata que lle da unha consistencia esponxosiña. Pecha cunha cremalleira de cor framboesa. A cara está bordada con fío de cor amarela.
Todas as pezas deste moedeiro están cosidas; ningunha peza está pegada. Leva unha etiqueta de Petite Blasa no interior, para que sepas que é auténtico.
Para que o teu moedeiro dure en bo estado moito tempo, lávalo a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro colocando un pano sobre o moedeiro.
Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non mostrar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho: 14 cm (5.5 polgadas)
– Alto (sen as orellas): 11 cm (4.3 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.