Descripción
Carrie é un pasador para o cabelo ben grande que conseguirá que todos os teus peiteados se vexan caralludos.
Está feito de tea de cadriños vermellos e brancos, cunha capa de guata no interior que lle da ese efecto esponxosiño.
Todas as pezas deste pasador están cosidas; ningunha peza está pegada. A base metálica agarra ben o cabelo, sendo posible axustalo a dous niveis, o que o fai perfecto tanto para recoller moito cabelo como para recoller só unha parte.
Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho: 11,5 cm (4.5 polgadas)
– Alto: 9 cm (3.5 polgadas)
– Base metálica: 8 cm (3.15 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.