Descripción
Carrie é un pasador para o cabelo ben grande que conseguirá que todos os teus peiteados se vexan caralludos.
Está feito de tea floreada de fondo gris, cunha capa de guata no interior que lle da ese efecto esponxosiño.
Todas as pezas deste pasador están cosidas; ningunha peza está pegada. A base metálica agarra ben o cabelo, sendo posible axustalo a dous niveis, o que o fai perfecto tanto para recoller moito cabelo como para recoller só unha parte.
Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho: 11,5 cm (4.5 polgadas)
– Alto: 9 cm (3.5 polgadas)
– Base metálica: 8 cm (3.15 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.