Descripción
Celia é un colar moi especial, e é que non hai dous iguais. Un chisquiño de feltro, fío, agulla… e a deixar voar a imaxinación. Este modelo chámase “Nature is my home”, que en galego significa “A natureza é o meu fogar”.
O colgante ten forma de media lúa e está feito de feltro beis, decorado con feltro doutras cores formando un debuxo de casas e follas. No interior, leva unha lámina de plástico para aportar a rixidez xusta.
A cadea metálica ten un aire envellecido e non leva peche, porque é largo dabondo para que non sexa preciso abrila nin pechala. Máis cómodo imposible!
É un colar moi lixeiro; esquecerás que o levas posto.
Todas as pezas do colgante están cosidas a man por min; ningunha peza está pegada. Leva unha etiqueta de Petite Blasa na parte traseira, para que sepas que é auténtico.
Este colar é único e irrepetible, non hai dous iguais, de xeito que o exemplar que recibirás se o mercas é exactamente o que ves nas fotos. Aínda así, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho do colgante: 10 cm (4 polgadas)
– Alto do colgante: 5 cm (2 polgadas)
– Largura da cadea estirada: 63 cm (24.8 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.