DORIS – Broche medalla multicolor 01

11,00

Broche de feltro con forma de medalla.

10 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , ,

Descripción

Doris é a medalla de honra que mereces por facer ben todas esas cousas. Trátase dun broche de feltro con forma de condecoración. Hai dispoñibles diferentes combinacións de cores e podes suxerirme calquera outra.

Todas as pezas deste broche de feltro están cosidas a man por min; ningunha peza está pegada. Na parte traseira leva un imperdible de seguridade, para que poidas colocalo onde queiras. O corazón está unido ao corpo principal do broche mediante unha argola, de maneira que se abanea co movemento.

Dado que se trata dun artigo feito a man, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho: 4’5 cm (1.8 polgadas)
– Alto: 8 cm (3.1 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “DORIS – Broche medalla multicolor 01”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos