FIDEL – Máscara pico paxariños (Tamaño M)

12,00

Máscara hixiénica reutilizable con ponte nasal.

5 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , ,

Descripción

Fidel é a máscara hixiénica reutilizable que fará que olvides que a levas posta.

Está feita con popelín 100% algodón con certificados GOTS e Oeko-Tex® Standard 100, tanto a capa interna como a externa. É hidrófugo, polo que repele as gotas de saliva. Amais, ten un tratamento biocida para axudar a neutralizar as bacterias.

A forma que ten fai que quede un oco entre a túa boca e a tea, de xeito que te permite falar e respirar con comodidade. Amais, ten unha ponte nasal para que poidas axustala ao nariz. As gomas son grandes e anúdalas ti á túa medida, agochando despois os nós nos túneles dos extremos; incluso podes substituílas se así o prefires.

Esta máscara é reutilizable e pódese lavar ata 25 veces antes de que comece a perder propiedades. Lavar a máquina con deterxente neutro, sen lixivia, a 60 graos. Unha vez seca, pasar o ferro entre 10 e 15 segundos, facendo fincapé nas dobras para que conserve a súa forma.

Lembra que é unha máscara hixiénica reutilizable, apta para o uso cotián en circunstancias normais. Se tes síntomas ou alguén no teu contorno os ten, é recomendable que leves unha máscara cirúrxica.

Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións da peza de tea:
– Ancho: 27 cm (10.63 polgadas)
– Alto: 14 cm (5.51 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “FIDEL – Máscara pico paxariños (Tamaño M)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos