FRAMBOISE – Peluche coello vestido galgos

39,50

Coello de peluche con vestido.

2 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , , , , , ,

Descripción

Framboise é un coello de peluche que goza moitísimo coas apertas e nunca di que non a unha boa sesta. O exterior é de liño de cor camel; a fronte e o interior das orellas son de liño de cor maquillaxe con lunares brancos; o recheo é de fibra de poliéster. Leva un vestido de tea beis estampada con galgos azul escuro, que se lle pode quitar e pór sen necesidade de enredar con botóns nin cremalleiras. Podes suxerirme outras cores para a pel e a roupa deste coello.

Amais de ser moi brandiño, todas as pezas deste peluche están cosidas (ningunha peza está pegada), de maneira que é seguro para todas as idades.

Dado que se trata dun artigo feito artesanalmente, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho (o máximo): 25 cm (10 polgadas)
– Alto (sen contar as orellas): 50 cm (20 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “FRAMBOISE – Peluche coello vestido galgos”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos