Descripción
Henry é un pasador para o cabelo super especial, e é que non hai dous iguais. A base é de feltro negro e está decorada con rocalla de cores tornasol, rosa e azul.
Todas as pezas deste pasador están cosidas a man por min, incluídas as boliñas, cosidas unha a unha; ningunha peza está pegada. A base metálica agarra ben o cabelo, sendo posible axustalo a dous niveis, o que o fai perfecto tanto para recoller moito cabelo como para recoller só unha parte.
Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho do aplique: 9 cm (3.5 polgadas)
– Alto do aplique: 4,5 cm (1.75 polgadas)
– Base metálica: 8 cm (3.15 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.