Descripción
Jerry é un colar moi especial, e é que non hai dous iguais.
O colgante está feito de feltro negro, decorado con boliñas de diferentes cores, formando círculos concéntricos. No interior, leva unha lámina de plástico para aportar a rixidez xusta.
A cadea metálica ten un aire envellecido e non leva peche, porque é largo dabondo para que non sexa preciso abrila nin pechala. Máis cómodo imposible!
Tanto a rocalla como a cadea aportan ao colar o peso xusto para facerse notar, sen deixar de ser manexable.
Todas as pezas do colgante están cosidas a man por min, incluídas as boliñas, cosidas unha a unha; ningunha peza está pegada.
Este colar é único e irrepetible, non hai dous iguais, de xeito que o exemplar que recibirás se o mercas é exactamente o que ves nas fotos. Aínda así, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Diámetro do colgante: 8 cm (3.1 polgadas)
– Largura da cadea estirada: 80 cm (31.5 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.