Descripción
Jerry é un colar moi especial, e é que non hai dous iguais.
O colgante está feito de feltro rosa e malva, decorado con boliñas de diferentes materiais nos mesmos tons. No interior, leva unha lámina de plástico para aportar a rixidez xusta.
A cadea de boliñas é de color rosa metalizado e ten peche, aínda que ten largura dabondo para que non sexa preciso abrila nin pechala. Máis cómodo imposible!
Tanto o colgante como a cadea son moi lixeiros, o que fai que este colar sexa perfecto para nenas que queren empezar a usar complementos.
Todas as pezas do colgante están cosidas a man por min, incluídas as boliñas, cosidas unha a unha; ningunha peza está pegada.
Este colar é único e irrepetible, non hai dous iguais, de xeito que o exemplar que recibirás se o mercas é exactamente o que ves nas fotos. Aínda así, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Diámetro do colgante: 6 cm (2.4 polgadas)
– Largura da cadea estirada: 70 cm (27.5 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.