JOLIE – Bandeiriña tea bordado “Loca del c*ño”

35,00

Bandeiriña de tea con bordado e borlas.

4 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , ,

Descripción

Jolie é unha bandeiriña capaz de aledar calquera estancia, por eslamiada que sexa. Está feita con lenzo de cor verde clara, bordada con fío amarelo (léese “LOCA del C*ÑO”, sen censura) e montada sobre un pau de madeira, do que penduran un par de borlas amarelas. Podes suxerirme outras cores e frases.

Pesa tan pouco que podes colocala na parede sen necesidade dun gancho; abonda cun anaco de washi tape para suxeitala. Tamén queda caralluda pendurada do tirador dunha porta ou en calquera outro lugar que ti queiras, non hai regras!

A peza de tea desta bandeiriña está cosida a máquina e bordada a man. Leva unha etiqueta de Petite Blasa na parte traseira, para que saibas que é auténtica.

Dado que se trata dun artigo feito de maneira artesanal, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións da peza de tea:
– Ancho: 20 cm (7.8 polgadas)
– Alto: 29 cm (11.4 polgadas)

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “JOLIE – Bandeiriña tea bordado “Loca del c*ño””

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos