Descripción
León é un moedeiro básico que usarás a diario durante moitos anos. É cómodo e ten un tamaño que cabe en calquera bolso ou peto. Poderás utilizado como carteira, para gardar produtos de hixiene íntima ou calquera outra cousa que queiras.
O exterior é negro e o forro é crema con galgos azul escuro. Entre ámbalas teas leva unha capa de guata que lle da unha consistencia esponxosiña. Pecha cunha cremalleira de cor negra.
Todas as pezas deste moedeiro están cosidas; ningunha peza está pegada. Leva unha etiqueta de Petite Blasa no interior, para que sepas que é auténtico.
Para que o teu moedeiro dure en bo estado moito tempo, lávalo a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro colocando un pano sobre o moedeiro.
Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non mostrar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho: 13’5 cm (5.3 polgadas)
– Alto: 10’5 cm (4.1 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.