LINA – Collar clips multicolor

13,00

Collar clips de feltro.

1 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , ,

Descripción

Lina é o par de collar clips que aledará os colos de todas as túas camisas. É un claro exemplo desas veces nas que me inspiro en películas ou series para crear os meus produtos, e é que non podo esconder que mentres cosía estes collar clips na miña cabeza estábase a emitir un episodio de “Salvados por la campana”.

Están feitos con feltro en tons pasteis e decorados con rocalla negra. Cada un dos broches leva na parte traseira un imperdible de seguridade. Ambos están unidos por unha cadea de cor prateada. Aínda que estén pensados para colocalos nos picos do colo das camisas, podes pólos onde máis che goste.

Todas as pezas destes collar clips están cosidas a man por min; ningunha peza está pegada.

Ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións:
– Pezas de feltro: 4,5 cm (1.8 polgadas)
– Cadea: 14 cm (5.5 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “LINA – Collar clips multicolor”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos