Descripción
Mia é unha gatiña tranquila e agarimosa á que lle encantan os humanos e o atún. Trátase dun broche de feltro con forma de gato. Este modelo en concreto ten o pelo de cor negra; existen máis cores dispoñibles na tenda online e podes suxerirme calquera outra.
Todas as pezas deste broche de feltro están cosidas a man por min; ningunha peza está pegada. Na parte traseira leva un imperdible de seguridade, para que poidas colocalo onde queiras.
Dado que se trata dun artigo feito a man, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.
Dimensións:
– Ancho: 4 cm (1.6 polgadas)
– Alto: 5 cm (2 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.