Descripción
Miranda é unha pulseira moi especial, delicada e potente ao mesmo tempo.
Trátase dun brazalete metálico ríxido, embelecido con fío de bordar de cor verde claro e decorado con dez colgantiños metálicos en ton dourado: follas, chapiñas varias e unha bola máis grande que lle da o toque especial.
Pónse e quítase sen necesidade de abrila nin pechala, máis doado imposible! Amais, é bastante lixeira. Estas pulseiras quedan xenial por separado ou combinadas entre si.
Cada modelo é único e irrepetible, non hai dous iguais, de xeito que o exemplar que recibirás se mercas esta pulseira é exactamente o que ves nas fotos. Aínda así, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non mostrar as cores reais.
Para que a túa pulseira dure e bo estado moito tempo, non a molles nin forces a súa forma natural.
Dimensións:
– Diámetro da pulseira: 6’5 cm (2.6 polgadas)
– Grosor da pulseira: 0’3 cm (0.1 polgadas)
– Colgantes: 1-2 cm (0.4-0.8 polgadas)
Reseñas
Aínda non hai valoracións.