PAULO – Tote bag flores violeta e verde

21,00

Bolsa de tea con petos exteriores.

5 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , , ,

Descripción

Paulo é a tote bag que non pararás de usar en canto descubras o cómoda e versátil que é. Está ideada para que gardes os teus básicos (moedeiro, chaves, teléfono móbil, un libro) ou para que cargues compras lixeiras.

O corpo da bolsa é de lenzo en color cru, o que a fai sinxela e combinable. O toque especial apórtano os dous petos exteriores, feitos con tea de algodón floreada tipo liberty en tons violetas e verdes.

Todas as pezas desta bolsa están cosidas; ningunha peza está pegada. Leva unha etiqueta de Petite Blasa no interior, para que sepas que é auténtica.

Para que a túa bolsa dure en bo estado moito tempo, lávaa a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro do revés.

Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho: 36 cm (14.2 polgadas)
– Alto: 40 cm (15.7 polgadas)
– Asas: 69 cm (27.2 polgadas)
– Petos: 18 cm (7 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “PAULO – Tote bag flores violeta e verde”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos