THEODORE – Broche unicornio laranxa

13,50

Broche de feltro con forma de unicornio.

10 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , ,

Descripción

Theodore é un tipo elegante ao que lle encantaría lucir na túa roupa para lembrarche a diario que a maxia existe. Trátase dun broche de feltro con forma de busto de unicornio. Este modelo en concreto ten o pelo de cor laranxa; existen máis cores dispoñibles na tenda online e podes suxerirme calquera outra.

Todas as pezas deste broche de feltro están cosidas a man por min; ningunha peza está pegada. Na parte traseira leva un imperdible de seguridade, para que poidas colocalo onde queiras.

Dado que se trata dun artigo feito a man, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho: 6’5 cm (2.6 polgadas)
– Alto: 8’5 cm (3.3 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “THEODORE – Broche unicornio laranxa”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos