VILMA – Bolsa multiúsos flores azul

16,50

Bolsa de tea con peche engurrado.

2 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , ,

Descripción

Vilma é a bolsa de tea á que nunca pararás de atoparlle novos usos: para levar a merenda ao cole, para levar as zapatillas a clases de ballet, para gardar a roupa interior nas viaxes, para manter a salvo xoias especiais… Seguro que se che ocurre algún máis!

O exterior da bolsa é de lenzo crú e o forro é de algodón con flores en tons azuis. Pecha con dúas cintas de algodón, das que hai que tirar.

Todas as pezas desta bolsa están cosidas; ningunha peza está pegada. Leva unha etiqueta de Petite Blasa no interior, para que sepas que é auténtica.

Para que a túa bolsa dure en bo estado moito tempo, lávaa a man ou na túa lavadora seleccionando un programa delicado a baixa temperatura. Despois pásalle o ferro do revés.

Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións:
– Ancho: 24 cm (9.4 polgadas)
– Alto: 26 cm (10.2 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “VILMA – Bolsa multiúsos flores azul”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos