VIVIENNE – Máscara dobras paxariños (Tamaño L)

12,00

Máscara hixiénica reutilizable con ponte nasal.

5 dispoñibles

Categoría: Etiquetas: , , , ,

Descripción

Vivienne é a máscara hixiénica reutilizable perfecta para o uso cotián.

Está feita con popelín 100% algodón con certificados GOTS e Oeko-Tex® Standard 100, tanto a capa interna como a externa. É hidrófugo, polo que repele as gotas de saliva. Amais, ten un tratamento biocida para axudar a neutralizar as bacterias.

Ten unha ponte nasal para que poidas axustala ao nariz. As gomas son grandes, deseñadas para que poidas atalas se o consideras necesario, como fago eu.

Esta máscara é reutilizable e pódese lavar ata 25 veces antes de que comece a perder propiedades. Lavar a máquina con deterxente neutro, sen lixivia, a 60 graos. Unha vez seca, pasar o ferro entre 10 e 15 segundos, facendo fincapé nas dobras para que conserve a súa forma.

Lembra que é unha máscara hixiénica reutilizable, apta para o uso cotián en circunstancias normais. Se tes síntomas ou alguén no teu contorno os ten, é recomendable que leves unha máscara cirúrxica.

Dado que se trata dun artigo feito baixo demanda, é posible que o produto que recibas non sexa exactamente igual ao das imaxes; será moi semellante. Amais, ten en conta que a configuración de pantalla do teu dispositivo pode non amosar as cores reais.

Dimensións da peza de tea sen despregar:
– Ancho: 21 cm (8.26 polgadas)
– Alto: 9 cm (3.54 polgadas)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “VIVIENNE – Máscara dobras paxariños (Tamaño L)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



Más vendidos